miércoles, 30 de noviembre de 2016

ILUSTRES VECINOS

TRIUNVIRATO   HONORABLE


Publicado por Manuel Lamas en https://xastredacarqueixafiolledo.com/

80 Aniversario 1936-2016

 Os aniversarios en cifra redonda estimulan a memoria e fan lembrar personas e feitos latentes na vida diaria, nembargantes, cando se trata de feitos para esquecer, téndese sobre a memoria unha nube de ley do silencio que os deixa no fondo do espello. Un deses feitos foi a Guerra Civil, suceso dramático de barbarie e crueldade entre dous bandos compatriotas, do que inda hoxe persiste un tabú de amnesia colectiva.
Cúmplese este ano o 80 Aniversario e anque no horizonte persiste a negra sombra do esquecemento, non impide recoñecer os méritos de xente honorable, xa que a práctica de valores humanos nunca ten bando.
Por iso, o pasado día 23 de outubro, celebrouse un Acto Cultural, promovido pola Asociación Lazoiro de Salvaterra, nunha ben restaurada galería das Minas da vila, ou Covas de Doña Urraca, ateigada de público, maiormente xove, en homenaxe a tres veciños honorables do noso Concello, que estaban esquecidos polo feito de quedar no bando perdedor.
Nas paredes do local estaban expostas fotografías e documentos relacionados coa biografía dos homenaxeados e no turno de intervencións pronunciou unha amena conferencia o Presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, impregnada da erudición e do bo humor que o caracteriza, tamén interviron o historiador Xosé Ramón Paz Antón e puxo o son romántico o profesor de música nativo Fernando Abreu, todos eles presentados polo membro da Asociación convocante, Antón Lorenzo
 MANUEL MARIÑO MÉNDEZ
Agrarista. De profesión labrador, veciño da parroquia de Fiolledo, primeiro Alcalde de Salvaterra ó instaurarse a II República o 14 de abril de 1931. Home autodidacta e dotado dun talento emprendedor de compromiso social, a primeiros do século XX, con pouco más de 20 anos, funda en Fiolledo unha Asociación Agraria, en sintonía co esprito da emigración, progreso e cultura para as aldeas e os labradores.
Nesta actividade asociativa agraria non está só, sen dogmatismos ideolóxicos convirtese en líder de outros veciños que o siguen, uns de familias conservadoras e acomodadas, outros máis humildes e de distinta sensibilidade, entre os que reinaba unha solidaria complicidade.
            No ano 1913 funda a Sociedade Agraria de Fiolledo, Oleiros e Salvaterra, e ó crearse a Unión Progresista do Disitrito de Salvaterra en Bos Aires en 1921, presidida por Manuel Puente, convírtese no seu delegado, calificado de “infatigable camarada da Unión Progresista”Deste xeito da os primeiros pasos para construir na capital da vila a Casa do Pobo ou Casa Sindical, cooperativa agraria e formación, costeada integramente polos emigrados e inaugurada no ano 1928, con asistencia de Manuel Puente na presidencia e Mariño a sua dereita.
Home eficaz. Ao declararse a II República, 14 de a bril de 1931, os veciños máis movilizados en actividades sociais do Concello propuxeron a MARIÑO como novo Alcalde constituente, e foi elixido, manténdose no cargo ata 1934, en que foron cesados estes cargos por orde gubernativa “para reorganizar los nuevos Ayuntamentos”, sucédeo Luis Porto Lemos?. Pero o 24-2-36, consta en Acta, que por outra orde gubernativa son novamente repostos os anteriores cargos .
Cos escasos recursos públicos dos que dispuña, fixo a Ponte de Ferrónabriu unha nova escola para nenas en Fiolledo, e outras obras nas demáis Parroquias, aumentando a sua popularidade e carisma personal.
 Prudente. Cando o 18 de Xullo de 1936 se declara a Guerra Civil, Mariño forma un Comité de Defensa da República e, cumplindo órdes do Gobernador Civil de Pontevedra, Acosta Pan, firma escritos de requisa de armas e municións polas casas, declara a folga laboral e pon atrancos para impedir a entrada do Exército, mantendo o control no Concello, sin permtir desmáns.
Como se había concentrado xente na praza, diante do Concello, en actitude de crispación e nerviosismo pedindo enfrontamento, Mariño sale o balcón e pide calma, a espera de másinformación, conseguindo apacigar os ánimos.
 Imparcial e ponderado. Aguanta no seu cargo ata que o día 26, ante a inminente entrada do Exército, reúnese co Teniente de Carabineros do posto de Salvatrerra, leales a República, Francisco Villarrubio, e acordan facer a entrega do Axuntamento ó Sarxento da Garda Civil, Evarisito Ordóñez Pérez, nomeado Delegado de Orden Público na vila. Nesta negociación Mariño consigue  temporalmente quedar a salvo cos seus colaboradores e, según se comenta, logrou que non saira de Salvaterra o camión cargado cos Carabineros do posto, presos para levar a Tui, salvándolles a vida.
Ben valorado. Por todo iso, sempre foi persona apreciada e respetada , e nesta ocasión, conscientes os veciños de que a vida de Mariño peligraba, Arturo Queimadelos, médico en Arantei, e o comerciante Carlos Suárez Orge, que tiñan unha piragua, levárono dende o seu refuxio onde estaba escondido e pasárono clandestinamente a Portugal. Detido polos Guardiñas, comenzando un calvario de peregrinación por Porgual, Francia ata aparecer en Barcelona o 6 de xaneiro do ano 1939 nunha carta que escribe os seus benefactores de Bos Aires,“Centro Renovación”, na que agradece a axuda económica que estaban a recibir e felicitan o novo ano “que será el de la victoria para nuestra querida tierra libre de traidores e invasores extranjeros” (mal sabía que sería victoria pero do bando contrario). Ademáis de Mariño, esta carta vai firmada por José Troncoso, alcalde de Mondaríz, Ramón Troncoso Fernández, Diputado Provincial por Ponteareas-A Cañiza, Antonio Barbeito Pérez, Concejal do Axuntamento de Ponteareas, José María González Vázquez, Comisario Político e Maestro Nacional.
 Discreto e respetuoso. De Barcelona foi a Bos Aires, onde continuou oito anos máis de exilio, ata 1947, acollido a unha amnistía de Franco para os exiliados que non tivesen delitos de sangue. Chegado a sua añorada terra, xuntouse coa sua familia, sua dona Primitiva e sua filla Rudesinda e os netos, leva unha vida discreta, sin ninguna actividade pública, dedicado únicamente a traballar as fincas e á lectura.
As tradicións da aldea. Cando na parroquia empezaron a facer panteóns, apúntase a facer un para él a sua familia. Nesta ocasión retoma a amistad co Sr.abade, D. José Pérez Redondo, que fora un dos destinatarios das “requisas” firmadas polo Alcalde Mariño nos comenzos da Guerra Civil (todo un exemplo edificante de reconciliación).
Ó caer enfermo de gravidade, recibiu o Extremaunción e foi enterrado coas honras fúnebres de costume no seu panteón, no nicho da parte alta , sen ningunhna inscripción na lápida que o recorde.
O CONFLICTO AGRARIO, OS FOROS. A lacra dos “foros” era un xeito de contrato de esclavitude entre a nobleza rural terrateniente e os labregos,  convirtindo a economía do rural en miseria, motivo de grandes movilización de perotesta. En Fiolledo existe un destes documentos, do 16-1-1786, con un solemne protocolo que leva na cabeceira o selo do rei Carlos III,  firmado por Manuel Antonio Avalle, Rexidor de Tui (especie de Alcalde), con propiedades en Salceda e Fiolledo, que cede en “aforo” o Campo das Levadas, limite co muiño de Ferrón, a Juan Pérez de Fiolledo, baixo renda ou canon anual de “60 ferrados de maíz, 6 de trigo, 6 de centeno y 4 reales de vellón en dinero”, a pagar o día de San Mariño, tanto que faga bo ou mal tempo, excesiva carga para unha familia. Neste documento faise constar que o aceptante “no firma porque no sabe”, mostra do escaso nivel cultural.
Coa Pragmática de Carlos III de 11-5-1763, os “foros” quedaron aplazados e co goberno da I República, de vida efímera, declaráronse redimdos o 20-8-1873. Pero en 1875, restaurada a Monarquía, na persona de Alfonso XII, retornou á situación anterior.
Os mártires de Sobredo (Guillarei) foi un episodio de protesta contra os foros, ocurrido o 28 de novembro de 1922, ó que acudiron uns 2.000 veciños que protestaban por un embargo de bens por impago de foros e pedían a sua supresión. Acudira un Xuiz e a Garda Civil,  que fixo uns disparos e morreron tres personas, entre elas Venancio González Romero, presidente da Asociación de Obreiros e Agricultores de Budiño e Salceda.
 JOSE DOMÍNGUEZ GONZÁLEZ
 Natural de Corzáns, no mesmo Concello de Salvaterra, da familia do “Amaro”, fora cando era novo  para a Arxentina e alí chegou a ocupar un cargo no Sindicato UGT, gremio de panadería, e directivo da Unión Progresista do Distrito de Salvaterra en Bos Aires, demostrando intelixencia e compromiso social, formación cultural e ideolóxica .
            Autor de artigos de carácter político social, colaborando en revistas e xornais da época, con boa caligrafía e coherencia ideolóxica. Dada a sua experiencia na defensa dos dereitos dos traballadores, tal vez foi un “activista liberado” enviado un ano antes dos sucesos do 36 polo sector galeguista e socialista da Arxentina para unirse ó Alcalde Mariño na xestión da Alcaldía de Salvaterra (conclusión do Historiador Ramón Paz), convirtido en Teniente Alcalde e único membro da corporación municiapl con formación política.
            Nas actividades de defensa da legalidade Republicana, ordenadas polo Alcalde nos primeiros días da Guerra, él sería un dos integrantes destacados, polo mesmo motivo tamén foi perseguido e detido polos piquetes de falanxistas e condenado a pena capital.
            Dende a cárcel de Vigo escribiu varias cartas a sua noiva Angelina Estévez, que vivía no barrio do Barral en Leirado, que sirviron de análisis e comentario literario do Académico Xesús Alonso Montero, neste acto cultural de homenaxe, exemplo antolóxico do que son os sentimentos de personas condenadas a pena capital dirixidos os seres queridos.
 MANUEL PUENTE GONZÁLEZ
 Gran filántropo de orixe moi humilde, nacera no Lugar do Monte, barrio da Vaquería, Parroquia de Oleiros, o 16-8-1890 e falece en Bos Aires o 24-3-1970.
 Orfo de pai, ós 6 anos comenza a traballar nunha tenda, máis tarde emigra a Barcelona e despois a Bos Aires. A base de tesón e traballo chega a fundar a firma comercial adicada a pratería e alfaiería máis importante da Arxentina, “Zeus”, con sucursais en diversos países europeos, e chegou a adquirir unha importante posición económica.
Destacado patriota galego, empeñado na tarefa de axudar económicamente a construir escolas e sociedades agrarias no Condado. Á chegada de Castelao convírtese no seu mecenas e amigo fraternal. Funda a editorial Nós, onde se imprime a obra “Cruces de Pedra”, patrocina o Centenario do Banquete de Conxo e financia a “Historia de Galicia” dirixida por Otero Pedrayo.
Donou a fonte de pedra do lugar do Monte, recentemente levada ó barrio de Pedra Furada, a causa das obras do “Porto Seco”. Os veciños mostráronlle o agradecemento nunha placa de mármol que dí: CONSTRUIDA ESTA OBRA EN 1929 A EXPENSAS DE DON MANUEL PUENTE GONZÁLEZ RESIDENTE EN BUENOS AIRES.
Como presidente e fundador da “ Sociedade Unión Progresista”,  propicia a contrucción do histórico edificio de Salvaterra, inaugurado en 1928Esta obra foi feita con aportacións económicas dos socios, un dos socios emigrados era o tamén veciño de Fiolledo (barrio da Carqueixa), José Guillade Rodríguez, da familia dos Vegas de Cudesás, que aparece nesta fotografía xunto a sua muller María Vázquez López (Urxeira) e nai María López Rotea. Saíra para emigración nos anos 20, quedando a Urxeira embarazada da única filla e, coma moitos casos, non retornou, porque lamentablemente faleceu nun accidente en xaneiro de 1935, cando a filla, Sara, tiña 10 anos, sin chegar a vela nin ésta ó seu pai. 
Antes de morrer había mandado  un baúl con roupa para a sua familia, Urxeira, por José Domínguez (Pepe do Amaro), que entregou nada máis chegar, levando una alegría, que inda hoxe recorda a sua filla Sara.

No hay comentarios:

Publicar un comentario